BBVA di basear dita modalidade de traballo na voluntariedade e na reversibilidade, de xeito que, ademáis de ser preciso ocupar un posto que sexa susceptible de ser desenvolvido nesta modalidade laboral, o persoal terá que asinar un acordo individual e voluntario (que disque vai emanar do texto consensuado coa representacion sindical), e podera volver ao seu posto, sendo asi a sua situacion, reversible.
Se ben somos conscientes de que se trata dunha modalidade de traballo con cada vez máis implantación, e que individualmente pode favorecer a determinadas persoas, entendemos que ten os seus riscos, polo que debemos ser moi prudentes á hora de dar o visto bo a este tipo de iniciativas.
Ainda que todo o mundo coñece as supostas vantaxes do teletraballo, fundamentalmente a flexibilidade laboral orientada á conciliación, entendemos que non sempre é ouro todo o que reloce, polo que vos expoñemos algunhas das razóns que nos fan ter reservas sobre a conveniencia de darlle validez colectiva:
- O control da xornada case desaparece, polo que en moitas ocasions, a mesma se estende a calquera hora de calquera día.
- Non se desconecta do traballo de xeito efectivo, xa que a súa presenza non desaparece no ámbito persoal ou familiar.
- Prodúcese un efecto de illamento fronte aos compañeiros e compañeiras que pode ter incluso consecuencias psicosociais.
- A produción pasa a medirse unicamente por obxectivos, dos que ademáis será máis díficil ter unha referencia.
En calquera caso, avaliaremos as propostas da empresa e dos outros sindicatos e faremos achegas na procura da máxima protección dos dereitos dos traballadores e traballadoras que puideran querer desenvolver o seu traballo a distancia. Ainda que é moi cedo para pechar as nosas conclusións, e disque non está pensado aplicar o teletraballo para labores comerciais ou na rede, se non aumentan moito as garantías, en especial a existencia dunha Comisión de Seguimento realmente operativa dende a que avaliar as consecuencias desta modalidade laboral, non poderemos apoiar esta iniciativa.
Seguiremos a informar, e non deixedes de preguntar calquera dúbida que vos xurda ao respecto...
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario