15 de decembro de 2010

Balance pre electoral e lotaría


Video: You Tube [4'1 Mb] Duración total: 1'3 minutos

O mércores 22 de decembro terán lugar as , e queremos facer balance deste último período. Nos pasados catro anos houbo moitos cambios no BBVA e, na meirande parte a Sección Sindical de CIG opúxose frontalmente aos mesmos por supoñer perdas para os traballadores e traballadoras fronte a situacións anteriores. Desafortunadamente, outros asinaron os acordos que nos deixan hoxe na situación na que estamos.

Queremos tamén repasar as accións que estamos desenvolvendo para impedir que BBVA actúe con impunidade en temas nos que non está a respectar a legalidade.

Tamén vos lembramos a importancia da nosa presenza na negociación do Convenio de Banca do ano que vén, para tentar impedir que recorten aínda máis os nosos dereitos.

• PROXECTO CLIMA: 

o Reunímonos coa empresa, tanto para pedir información como para que se negociaran as condicións nas que, por exemplo, se despraza o persoal das CBC’s.
o Denunciamos ante a Inspección, co resultado de sanción ao BBVA por non comunicar aos sindicatos dita reconversión, ou por non facer os preceptivos informes previos de Prevención de Riscos Laborais ao cambiar a distribución dos postos nas CBC’s.
o Mobilizámonos en numerosas ocasións.
o Non asinamos a declaración do BBVA disfrazada de acordo, na que outros sindicatos validaban as súas actuacións de mover a centos de persoas sen comunicación ou previo aviso e externalizar moreas de postos de traballo.
o Sumámonos e testificamos no Xuízo contra OP+ en Málaga para tratar de obter condicións de Convenio de Banca para quen fai o traballo que antes faciamos nós.

• DEFENSA DA XORNADA REGULADA E SEN PRESIÓNS:

o Avisámosvos de que a repentina urxencia do BBVA por asinar o acordo dos sábados viña envelenado. Nós traballamos as mesmas horas, podemos perder ata algún día de vacacións e o BBVA aforrou moreas de cartos.
o Reclamamos unha Conciliación real sen extensións ilegais da xornada.
o Protestamos ante a invasión do noso tempo de lecer que supuxeron as “invitacións” a actos dos PGZ como caraoques, bolos, etc. Afortunadamente, parece que baixaron o ritmo.

• DEFENSA DA ESTABILIDADE NO EMPREGO E CONDICIÓNS XUSTAS DE TRABALLO:

o Loitamos para que fixeran fixa a parte do persoal que, como temporal, xa viña desenvolvendo con sobrada cualificación o seu labor en postos estruturais do banco.
o Denunciamos esta cobertura irregular de postos estruturais á Consellería de Traballo e á Inspección, obtendo xa informes ao noso favor.
o Seguimos a loitar porque melloren as condicións de traballo do colectivo de máis recente incorporación ao banco, moitos e moitas inxustificadamente lonxe dos seus lugares de orixe, entre outras “particularidades” da súa situación.

• CONTRA A CARGA DE TRABALLO E A PRESIÓN:

o Loitamos contra a sucesión infinita de campañas e os obxectivos inacadables.
o Loitamos contra as avaliacións subxectivas e a presión no traballo.
o Loitamos contra a crecente carga de traballo e a mingua de persoal.
o Loitamos contra a modificación arbitraria de obxectivos e resultados e a escaseza de medios para desenvolver o traballo, como recentemente ocorreu co proxecto ADN.

• DEFENSA DA IGUALDADE:

o Participamos activamente intentando lograr un texto útil como Plan de Igualdade, con medidas reais que garantiran avances moi necesarios neste terreo no BBVA.
o Denunciamos a insuficiencia do texto acadado e a inxustiza de manternos fóra da Comisión de Igualdade.
o Seguiremos a loitar porque se estableza unha cultura igualitaria, único xeito de acadar unha “empresa en igualdade”.

• DEFENSA DA SAÚDE E A SEGURIDADE:

o Pedimos que se fagan avaliación de riscos laborais en condicións. Fai falla unha especial atención aos riscos psicosociais.
o Denunciamos ante a Inspección pola instalación deficiente de dispositivos, que xa requiriu á empresa para que corrixira os erros.
o Pedimos medidas de seguridade para oficinas dunha soa persoa e situadas xunto a estradas, nas que o risco de atraco é evidente.
o Loitamos para a mellora de condicións ambientais, como aire acondicionado, calefacción ou teléfonos.

• DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS EN TODOS OS FOROS:

o Cada ano falamos ante os accionistas e o Consello de Administración na Xunta de Accionistas para facerlles chegar as vosas reivindicacións.
o Mantemos información actualizada a través do correo electrónico e nos nosos taboleiro e blog, e podedes contactar facilmente cos vosos representantes, tanto persoalmente como a través do correo electrónico da Sección.
o Acudimos ás negociacións e reunións ás que somos convocados co BBVA e outros sindicatos, incluso de outros países, como no Cumio de Lisboa no 2008.
o Recorremos á Administración na procura de xustiza.
o Saímos á rúa cando é necesario.

Con todo o exposto, o día 22 de decembro podemos xogar á lotaría do Nadal, pero Imos meter no bombo os nosos dereitos?

Esperamos seguir contando co voso apoio para, no 2011, ter a presenza necesaria para facer fronte aos proxectos abertos e a todos os que virán, e sempre na defensa dos vosos dereitos.

Entrementres, a pregunta é A quen ides a votar?



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: