Video: You Tube [4'1 Mb] Duración total: 1'3 minutos
O mércores 22 de decembro terán lugar as Eleccións Sindicais na Banca, e queremos facer balance deste último período. Nos pasados catro anos houbo moitos cambios no BBVA e, na meirande parte a Sección Sindical de CIG opúxose frontalmente aos mesmos por supoñer perdas para os traballadores e traballadoras fronte a situacións anteriores. Desafortunadamente, outros asinaron os acordos que nos deixan hoxe na situación na que estamos.