Este ano farase o primeiro cadro de vacacións dende a implantación do Proxecto Clima e a creación das CBC.
Se o ano pasado xa houbo quen tentou que parte do persoal cambiara un cadro xa aprobado, para adaptarse ás necesidades da nova estrutura (necesidades que pasan por non contratar para suplencias de vacacións se non é imprescindible), podemos contar, conque este ano, han tentar de adaptar os cadros de cada centro de traballo ao que precise a CBC.
Polo de agora O ACORDO E A NORMA DE VACACIÓNS SEGUEN A SER OS MESMOS, e o cadro de vacacións TEN QUE FACERSE POR CADA CENTRO DE TRABALLO, segundo o marca a Lei e segundo nos aseguraron os/as responsables de RR.HH da nosa Territorial.
Tende en conta ademais que as distintas localidades das CBC teñen diferentes festividades locais ou distintas datas para a Semana Grande. Todas estas particularidades poden causar multitude de problemas que, coma sempre, a empresa quererá resolver á nosa conta, e dependerá do/a responsable da nosa CBC que as medidas que se tomen sexan ou non razoables.
Sobre a Semana Grande atopamos solucións para todos os gustos: Nas que fan horario normal sen nada a cambio, hai quen recibe un día libre a cambio de facer horario normal, ou dous ou tres, ou quen fai máis de CATRO HORAS DE TRABALLO EFECTIVO, que é o que marca o acordo de horarios e o Convenio. Así, as horas de apertura ao público non poden ser máis de tres para respectar as normas de seguridade, sendo de 9:30 a 12:30 o horario que nós recomendamos.
Velaquí algúns consellos prácticos para encarar mellor a confección do cadro:
· O cadro de vacacións debe facerse seguindo a norma, da que tedes un resumo actualizado no taboleiro sindical da CIG.
· A gravación dos períodos debe facerse a través da aplicación do Portal do empregado porque:
· É o que marca a norma, e é o máis conveniente para nós.
· Sinala automaticamente os erros nas solicitudes (días de máis, dereito a día adicional por vacacións no inverno...).
· Se vos queren denegar algún período, no cadro terán que cumprir a norma e facelo por escrito, motivalo e queda gravado, co que se evitarían inxustizas, arbitrariedades, ou tratos de favor.
· Reclamade se credes que tedes dereitos que non se están a respectar. E lembrade que TEDES DEREITO A GRAVAR A SOLICITUDE DE VACACIÓNS QUE QUEIRADES, E A QUE VOS MOTIVEN AS CAUSAS DE DENEGACIÓN NA APLICACIÓN PARA QUE QUEDE CONSTANCIA.
· Todos estes son os VOSOS DEREITOS, e non estades a pedir nada extraordinario se solicitades que se cumpran, pero se non o ides facer, só podemos pedir e recomendar dúas cousas:
· Respectade aos compañeiros e compañeiras que pidan o cumprimento da norma.
· Se ides facer unha concesión, non a fagades a cambio de nada.
· Contactade coa representación sindical ante calquera dúbida ou problema.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario