1 de marzo de 2018

Manifestación Nacional e Folga de Mulleres, os días 4 e 8 de Marzo

A CIG chama a participar na Manifestación Nacional de Mulleres do domingo 4 de Marzo en .

Impulsada pola no marco da folga do , o colectivo fai un chamamento a participar activamente na xornada de Folga de Mulleres convocada a nivel internacional para o vindeiro 8 de marzo. Unha folga que vai máis aló do paro laboral, facendo un chamamento tamén a realizar unha folga de coidados e de consumo, que axude a visibilizar as discriminacións e a desigualdade, así como o contributo das mulleres tanto na esfera produtiva como reprodutiva. Pretende tamén darlle pulo ás convocatorias que terán lugar o propio día 8 nas diferentes localidades do país.

Ao final desta publicación podes consultar o relatorio sobre a Situación Laboral das Mulleres na 2017, onde o sector de Entidades Financieras e Aseguradoras ocupa o segundo posto no apartado de Fenda Salarial (29,4%). 

Compañeiras do BBVA, sobran razóns para ir a Folga o 8 de Marzo. Ás 12 da mañá, faremos un paro de dúas horas.

Compañeiros do BBVA, nesta data, o voso papel é fundamental para facilitar que as mulleres saiamos e fagamos o Paro programado. Apoiade a Folga do 8 de Marzo.

Asemade tedes no seguinte ligazón, o calendario das concentracións que se celebrarán por todo o país e, cando non sexa posíbel, animámosvos a concentrarvos diante dos centros de traballo.



cartaz mobilizacións «Folga de Mulleres - 2018»





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Relatorio: Muller e Mercado Laboral · 2017 [.pdf • 686 kB]


Ningún comentario: