Eran outros tempos, e moito do persoal hoxe en activo xa non os coñeceu pero, fusión tras fusión, cada colectivo dos que hoxe conforman BBVA perdeu vantaxes no camiño.
9 de decembro de 2010
2 de decembro de 2010
Botando a vista atras I: Fondo de Pensións
O noso fondo de pensións lévanos dado máis desgustos que ledicias, e é que xa polo 2002 denunciabamos a irregular participación dos sindicatos CC.OO e UGT como accionistas da Xestora (Gestión de Previsión y Pensiones E.G.F.P. Sociedad Anónima) e recibindo cantidades por traballos realizados para o propio Fondo en calidade de asesores como os 468.000,00 € que recibiron no exercicio 2001.
17 de novembro de 2010
A CIG chama a seguir mobilizándose para denunciar as políticas regresivas de Xunta e Estado español
Manifestacións en todas as comarcas este xoves 18 de novembro contra as reformas do capital e os orzamentos do Goberno galego
Os horarios (CET) son os seguintes:
- A Coruña, 20:00 h., praza de Vigo.
- Compostela, 20:00 h., praza Roxa.
- Ferrol, 20:00 h., avenida de Esteiro (locais da CIG).
- Lugo, 20:30 h., ronda da Muralla 58. (locais da CIG).
- Ourense, 12.00 h., Pavillón dos Remedios.
- Pontevedra, 20:00 h., praza da Ferrería.
- Vigo, 20:00 h., Vía Norte.
- Vilagarcía, 20:00 h., Casa do Mar.
11 de novembro de 2010
Cachados incumprindo
Tres Informes da Inspección de Traballo requiren a BBVA na Provincia de Pontevedra para transformar en indefinidos contratos en fraude de lei.
O pasado día 8 de novembro, a Inspección de Pontevedra remítenos informes sobre as oficinas de A Estrada, Lalín e Agolada, nos que require ao BBVA para que transforme en indefinidos varios contratos temporais, que se atopan en fraude de lei por distintos motivos.
Como xa denunciaramos no seu día, a escaseza de persoal e a falla de contratacións para postos estruturais, fixeron que compañeiros e compañeiras aos que adoitabamos ver un ou dous meses ao ano, e que remataban por atopar outros traballos máis estables, leven concatenando contratos temporais ata esgotar os límites legais ano tras ano, e xa forman parte dos nosos cadros de persoal.
Persoas para as que dende a nosa Sección Sindical reivindicamos, fai agora un ano, o dereito a que se lles recoñecera o labor realizado mediante unha estabilidade laboral que xa deberan ter dende hai moito tempo.

22 de outubro de 2010
A CIG avaliará a convocatoria dunha nova folga xeral se o goberno persiste na reforma das pensións e non retira a laboral
A CIG anunciou esta mañá, en rolda de prensa, a convocatoria de mobilizacións no mes de novembro, para exixir novamente a retirada da reforma laboral, para demandar que non se leve a cabo a reforma das pensións e para demandar medidas estruturais dirixidas a mudar o actual modelo económico neoliberal, por outro máis xusto e sustentábel. O día 3 de novembro, está convocada unha asemblea nacional de delegados, que rematará cunha manifestación en Compostela, e o día 18 celebraranse manifestacións en todas as cidades, entre as 19:00 e as 20:00 h..
Suso Seixo, secretario xeral, adiantou que se iniciarán contactos con CC.OO e UGT para trasladarlles a disposición da CIG de continuar coas mobilizacións e mesmo convocar unha folga xeral e para coñecer a súa opinión ao respecto. Neste sentido, sinalou que a central sindical analizará, en función da resposta ás mobilizacións convocadas en novembro e dos resultados das conversas con estas organizacións sindicais esa posibilidade, porque dixo «é algo moi serio, que non se pode facer á lixeira».
En todo caso, advertiu que «se a situación se mantén e se a reforma das pensións se leva a cabo, tal e como se prevé, en decembro, ou a principios de ano, a CIG avaliará, tendo en conta todas estas variábeis, a convocatoria dunha folga xeral mesmo de forma unilateral».
De facer esa convocatoria en Galiza sen contar con CC.OO e UGT, a CIG valoraría a posibilidade de facela coincidir con folgas xerais noutras nacións do estado.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)