O noso fondo de pensións lévanos dado máis desgustos que ledicias, e é que xa polo 2002 denunciabamos a irregular participación dos sindicatos CC.OO e UGT como accionistas da Xestora (Gestión de Previsión y Pensiones E.G.F.P. Sociedad Anónima) e recibindo cantidades por traballos realizados para o propio Fondo en calidade de asesores como os 468.000,00 € que recibiron no exercicio 2001.
Cremos que unha organización sindical non debe obter ganancias dun fondo de pensións, e que o seu labor vese comprometido cando as recibe ao tempo de que supostamente debe controlar o seu correcto funcionamento para quen debe beneficiarse: o persoal.
Por se isto fora pouco, nunha ataque frontal aos beneficios sociais do colectivo procedente de Banco Exterior, hai uns anos cambióuselle o seu dereito (indubidablemente mellor) a unha prestación definida, polo sistema de aportación definida que tiñan o resto de colectivos, o que supuxo unha grande perda para as persoas procedentes de dito banco. A CIG opúxose a este proceso.
Ademais, os resultados obtidos polo fondo nos últimos exercicios foron pésimos, tanto, que a primeira suba en anos, foi alabada polos sindicatos accionistas que xa non tiñan como xustificar o caro que nos sae manter un fondo cuns resultados tan malos. Por certo... xa anda á baixa outra vez, A quen temos que felicitar pola xestión?
Por fin, sabede que levamos sen eleccións para a Comisión de Control dende 21 de xuño de 2001, cando deberían ter lugar cada catro anos. Non cremos que a representación sindical presente na mesma, dados os seus intereses, sexa a máis indicada para velar polos dos traballadores e traballadoras en activo, pero Que pasa cos beneficiarios/as? Tampouco poden buscar unha representación axeitada?
En fin, ao paso que vai, mellor era que nos deran a aportación a cada un/unha de nós para que a investiramos no fondo da nosa elección, que de seguro tería un resultado moito máis proveitoso para os nosos intereses.
Dende a CIG, seguiremos a reclamar a existencia dunha Xestora independente na que os/as accionistas non sexan parte da Comisión de Control.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario