Amosando publicacións coa etiqueta mesa-relacións-laborais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mesa-relacións-laborais. Amosar todas as publicacións

23 de maio de 2016

Carta conxunta a Relacións Laborais

O pasado día 13 de maio, a representación legal dos traballadores e traballadoras no BBVA diriximos unha carta a Relacións Laborais, a cal achegamos, coa intención de abrir diferentes procesos de negociación sobre temas tan importantes como son a actualización do , o incremento das achegas aos Plans de Pensións de Emprego e as condicións de traballo no colectivo BBVA Contigo.

16 de decembro de 2014

Clima laboral mellorable

A sondaxe sobre a satisfacción do cadro de persoal de BBVA vén de dar a razón á demanda que desde o sindicato levamos reiterado, por activa e por pasiva: é preciso acomodar o abusivo horario de traballo á necesidade vital de conciliar vida profesional, familiar e persoal. Ademais, entre os considerados focos de mellora, evidénciase tamén o descontento polo sistema retributivo variable que non compensa o esforzo realizado e carece de transparencia.
Iso, e moito máis aínda.

19 de setembro de 2014

Poderoso cabaleiro é Don Diñeiro

Onte, 18 de setembro, a CIG, sindicato maioritario e máis representativo de Galiza, NON asinou o acordo de medios proposto pola empresa na mesa de relacións laborais en Madrid. Este acordo, cociñado co amparo dos sindicatos estatais e feito á medida deles cunha clara intención: repartirse o pastel sindical e deixar fóra aos sindicatos nacionalistas, históricos representantes dos pobos Galego, Vasco e Catalán, historicamente tamén máis belixerantes coa empresa e coa independencia de criterio como bandeira, primando os intereses das persoas as que representan, vós, fronte os da empresa.

Lembro a frase dun empresario… «que doado sería traballar se non existisen os sindicatos»… Seica botaba en falla os sindicatos verticais de tempo atrás. Pois semella que ese día xa chegou a BBVA. Onte CC.OO, UGT, Cadros e CGT veñen de perpetrar unha das maiores accións antisindicais da longa historia desta empresa, asinando a renuncia expresa á liberdade de actuación, á liberdade de expresión, mediante a aceptación formal da inxerencia da empresa en asuntos que non lle son da súa competencia. E non porque o digamos nós, senón porque así o estipula a Lei vixente, a Lei Orgánica de Liberdade Sindical e o Estatuto dos Traballadores, que defenden a independencia dos sindicatos como única garantía destes para poder representar e defender os intereses dos traballadores e das traballadoras.

Se o banco ten que dar a súa aprobación a quen é ou non é representante sindical… que garantía tendes vós, compañeiros e compañeiras, de que as persoas elixidas van ter posta a súa prioridade nos vosos intereses? Credes que pasarán a criba as máis críticas? NON; xa se encargarán de darlle o paso aos palmeiros, aos manipulables, aos peóns que lle sirvan os seus propósitos e lle fagan máis doada a súa folla de ruta.

marioneta/títere

Se se acepta a supervisión, o control do banco no ámbito da comunicación co cadro de persoal… á hora de pasar esta CENSURA, canto do que vos interesa vai quedar escurecido polo ánimo do censor? Canto quedará na propia autocensura de quen redacta?


11 de decembro de 2009

Pechar sábados ou abrir tardes?

Hoxe, dez de decembro, tivo lugar unha reunión da Mesa de Relacións Laborais, sobre a negociación de Plan de Igualdade na que, de xeito sorpresivo, cando menos para a maioría dos sindicatos alí presentes, o BBVA presentou unha proposta de acordo para o peche de oficinas en sábado.

Dado o gran interese que o persoal amosa por esta reivindicación, non podemos menos que sacar esta nota urxente coas primeiras impresións sobre o tema.