A sondaxe sobre a satisfacción do cadro de persoal de BBVA vén de dar a razón á demanda que desde o sindicato levamos reiterado, por activa e por pasiva: é preciso acomodar o abusivo horario de traballo á necesidade vital de conciliar vida profesional, familiar e persoal. Ademais, entre os considerados focos de mellora, evidénciase tamén o descontento polo sistema retributivo variable que non compensa o esforzo realizado e carece de transparencia.
Iso, e moito máis aínda.
Amosando publicacións coa etiqueta imaxe b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta imaxe b>. Amosar todas as publicacións
16 de decembro de 2014
Clima laboral mellorable
22 de novembro de 2011
Festas de Outono...
Pasado de longo o verán seica hai moitos cambios, Para que todo siga igual?

O Proxecto CORE: O proceso pasou de ir a modiño e con retraso, a ter datas máximo a tres meses vista. Que roda do camión andarán a cambiar para que teñamos de súpeto tanta presa? Coas presas, ao persoal afectado polos cambios, se lle está a sinalar o seu novo posto sen máis e no último momento na maioría dos casos.
2 de novembro de 2011
Cartos non hai, pero de tempo andamos sobrados
Despois do parón dun mes sen reunións da mesa negociadora do Convenio, a reunión de hoxe non aportou ningún dato novo que vos achegar. Os motivos para tanto tempo entre reunións tiña que ser aproximar posturas e concretar propostas. O certo é que tan só se fixo un repaso xeral das plataformas que están sobre a mesa dende a primavera.
A AEB reafirma como eixos principais da negociación para un Convenio «viable», baixo o argumento de que se a situación económica era mala en marzo agora é aínda peor, os seguintes:
18 de agosto de 2011
Non asinamos na lista do teletraballo
Solucionado ese problema, BBVA poderá seguir aforrando cartos mandando a parte do persoal a traballar dende casa ou non, pero o marco colectivo xa o teñen, grazas a quen o asinou.
En principio, en Galiza non deberamos ter unha grande incidencia desta modalidade laboral, dende o momento en que non afectará a postos de rede comercial pola súa natureza, e só podería implantarse en postos de apoio, servizos centrais, ...
En calquera caso, unha vez máis nos toca facer un acto de responsabilidade e ser o sindicato do non na defensa dos nosos/vosos dereitos, polos seguintes motivos:
11 de xullo de 2011
Cincoenta homes por 10 reás: despiden alegando perdas de 33 euros
O noso Castelao no libro «Cincoenta homes por dez reás», fixo unha alegoría sobre o baratos que resultan moitos homes. Hoxe, os ilustres directivos do «Banco Gallego» que decidiron despedir por 33 euros, ben merecerían entrar naquela escolma. [.pdf • 15'2 Mb]
4 de abril de 2011
Disque contan que…
Andamos con tantas cousas a voltas e tan pouca ou nada de información de primeira man, que ninguén sabe moi ben a que aterse. Imos dar un repasiño a algunhas delas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


