Amosando publicacións coa etiqueta dividendos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dividendos. Amosar todas as publicacións

3 de agosto de 2020

Unha vez máis, a crise que a paguen as traballadoras

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


A patronal bancaria segue inmutable na súa postura e apela á «responsabilidade» das organizacións sindicais con presenza na mesa para que se aveñan aos seus postulados.

O novo argumento para reforzar as súas pretensións de recortes, é a crise económica derivada da pandemia que estamos a sufrir. Cando a CIG, aludindo a esa mesma crise, propón unha compensación económica para todo o persoal do sector que estivo en primeira fila arriscando a súa saúde, a patronal responde que xa recoñeceu publicamente o esforzo e bo traballo feito no sector e non é de recibo a compensación que demandamos.

A AEB deu resposta a nosa plataforma e a do resto de organizacións, rexeitando calquera mellora substancial no que respecta as retribucións e, aínda máis, insistindo no anacronismo dos trienios e a súa supresión, negando a perda de poder adquisitivo derivada dos últimos convenios, e mantendo a cláusula xeral de compensacións e absorcións que pedimos eliminar.