Amosando publicacións coa etiqueta accións-urxentes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta accións-urxentes. Amosar todas as publicacións

12 de xullo de 2011

O mundo pode cambiar, pero non vai cambiar só

Hai medio século o avogado británico Peter Benenson publicou o artigo «Os presos esquecidos». As súas palabras acenderon a conciencia de persoas anónimas que se uniron para loitar contra as violacións de dereitos humanos cometidas a miles de quilómetros, foi a xénese dunha organización na procura e defensa dos dereitos humanos en todo o mundo, chamada Amnistía Internacional.