26 de xuño de 2025

28 de xuño, Fronte a unha Lei e uns acordos que só lavan a cara dás empresas: MOBILÍZATE!

Ante a conmemoración do 28 de xuño, Día do Orgullo LGBTI+, denunciamos a falta de medidas efectivas para avanzar na igualdade, a Lei 4/2023 quedou reducida a simples cláusulas declarativas e á negociación dun protocolo de acoso. O que a súa vez se traduciu en acordos baleiros de contidos a nivel sectorial asinados coa AEB.

A lei non contemplaba a obriga de realizar diagnósticos, enquisas de clima laboral ou outras ferramentas que permitisen identificar as problemáticas reais ás que se enfronta o persoal LGBTI+ en cada centro de traballo. Tampouco se avaliaba a capacidade real da organización para acoller con garantías a persoas deste colectivo. As nosas propostas nesa vía, foron rexeitadas pola AEB que acadou un acordo que é un lavado de cara sen garantir a igualdade.

A loita continúa e chamamos a participar nas mobilizacións convocadas para o vindeiro sábado por diversos colectivos en (AVANTE LGBT+, Alas, Nós Mesmas, Arelas, Orgulho Ourense…):

Horas e lugares das mobilizacións

18 de xuño de 2025

Non á OPA do BBVA

Concentracións da CIG contra a OPA BBVA–Sabadell e pola defensa dos nosos postos de traballo

Non á OPA do BBVA

O vindeiro 26 de xuño remata o prazo para que o Goberno tome unha decisión sobre a OPA hostil do BBVA ao .

As seccións sindicais da CIG no Banco Sabadell e no BBVA, mobilizámonos na Coruña, diante da Delegación do Goberno na para esixirlle que se opoña rotundamente a esta operación que só beneficiaría aos grandes fondos de investimento especulativos estranxeiros. Tamén estivemos diante da DT Noroeste do BBVA e da OP do Banco Sabadell.

16 de maio de 2025

OPA hostil BBVA-Banco SABADELL

Hoxe remata o prazo establecido polo Goberno español da consulta pública sobre a OPA.

Xuntanza BNG—CIG no Congreso dos Deputados
De esquerda a dereita: Sefi Romero, Néstor Rego, Miguel Lis e Xosé M. Fernández

A federación de Banca da CIG, mantivo onte, 15 de maio, unha xuntanza co deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na que participaron os secretarios das seccións sindicais da CIG nas dúas entidades, ademais da secretaria da federación, para trasladarlle a nosa firme posición contraria a esta operación e os nosos argumentos para rexeitala. O deputado comprometeuse a presentar unha iniciativa no Congreso para abordar o impacto desta operación, despois da reunión coa CIG.

2 de maio de 2025

Incorporación ao convenio das medidas planificadas para acadar a Igualdade Real e efectiva das persoas LGTBI

O pasado día 24 de abril, parte da representación legal das persoas traballadoras, concretamente CC.OO, UGT, FIB e FINE, con presenza na mesa de convenio, asinou un acordo para incluír un novo capítulo no convenio (capítulo décimo sexto) que recolle medidas planificadas para acadar a igualdade real e efectiva das persoas LGBTI. Acordo que a CIG NON ASINOU.

Desde a CIG participamos activamente na negociación, iniciada o 8 de xaneiro, aportando unha proposta con medidas que melloraban e ampliaban as recollidas no Real Decreto que establece a obrigatoriedade de negocialas (RD. 1026/2024 de 8 de outubro).

As que recolle acordo asinado, limítanse ao contido de mínimos que establece o Real Decreto, deixando no ámbito da negociación das empresas as posibles medidas que vaian máis alá deste.

Non recollen ningunha das nosas propostas específicas.

29 de abril de 2025

1º Maio: Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras

1º Maio: Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras

Este Primeiro de Maio as traballadoras e traballadores galegos temos que tomar as rúas nunha xornada de denuncia e de loita contra as guerras imperialistas e a militarización da sociedade; contra a UE do capital e da extrema dereita e pola defensa dos servizos públicos, os dereitos laborais e un proxecto soberano para .