12 de febreiro de 2026

A trampa da Retribución Variábel Vs. Incremento dos Obxectivos

A trampa da Retribución Variábel Vs. Incremento dos Obxectivos

O que o banco vende como unha «Gratificación Extraordinaria» no incentivo non é máis que afondar no de sempre: maiores retribucións para quen xa cobran grandes bonus (mandos intermedios e dirección) e migallas miserentas para quen realmente xerou os enormes beneficios de 2025 (o persoal das oficinas).

Porque ese 0,75 % (non chega nin ao 1 %), a maiores sobre o bonus percibido no primeiro cuadrimestre, e o 25,05 % do percibido no segundo, non é igual para quen cobrou 1.000   no cuadrimestre que para quen recibiu 10.000 

Aínda máis aumento da desigualdade e fenda salarial, xa que os postos cos maiores bonus están ocupados maioritariamente por homes.

Se a dirección do BBVA quixese recompensar dalgún xeito o enorme esforzo realizado polo persoal o ano pasado, ben podería fixarse por exemplo na actuación do , que retribuíu con 300 accións a cada traballador/a.

O que tampouco vai ocultar esa «Gratificación Extraordinaria» é o incremento brutal e inxustificado dos obxectivos nestes meses de 2026, nunha suba media de entorno ao 50 % con respecto ao período anterior (nalgúns casos superior ao 60 %). Isto implicará, sen dúbida, un gran incremento da carga de traballo e da presión e o acoso comercial, producirá maior malestar psíquico e rebaixará de xeito significativo os importes a percibir de retribución variábel.

A retribución variábel é un salario incerto, cobrarase ou non, e canto, é todo un misterio (e máis no BBVA, acostumado a mudar á súa conveniencia as regras cando lle interesa) e a quen lles sae ben a conta é a mandos intermedios e dirección que se dedican a esmagar ao persoal das oficinas para poder cobrar sempre os seus gorentosos e inxustificados bonos. E farán o que sexa para conseguilo.

Cómpre, máis que nunca, pór en valor o salario certo, o do convenio colectivo, e deixar de seguir acumulando perdas nel.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 260211 [.pdf • 307 kB]



Ningún comentario: