Os sindicatos presentes no BBVA e coa participación dunha parte do cadro de persoal, nos seus quince minutos de descanso, concentrámonos o pasado xoves, 23 de marzo, diante das sedes das 7 DTs do BBVA, en protesta polo clima laboral de presión e amedrentamento ao que o BBVA pretende someter ao persoal e contra os despedimentos inxustos e indiscriminados que se están a producir nestes últimos meses, e o adelgazamento do cadro de persoal en Catalunya de 300 empregadas e empregados.
Esiximos ao BBVA o cese inmediato destas malas prácticas na xestión do seu capital máis importante: as traballadores e os traballadores.
O BBVA ten que saber que non, que non nos van amedrentar con estas políticas coercitivas e que teñen de fronte a toda a representación sindical e ao seu persoal.
Facemos un chamamento ao BBVA a recorrer a senda do diálogo e a negociación, para buscar acordos que redunden en beneficio dos cadros de persoal e do banco. De non ser así, o conflito laboral está asegurado.
ACB · CC.OO · CGT · CIG · ELA · Intersindical-CSC · LAB ·
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario