Negociación coa AEB e CECA
Segundo a EPA de 2015, o maior volume de horas extras non declaradas realizouse na Banca, como lembra a Dirección Xeral da Inspección de Traballo. Unha fraude laboral e ás arcas da Seguridade Social.
O teu tempo libre é a túa vida
O 8 de febreiro a CIG presentou a seguinte proposta nas mesas negociadoras:
- Primeiro:
- Computarase como horas extras calquera tempo de traballo que exceda o horario diario ou semanal pactado. Terán a consideración de horas extras as dedicadas aos desprazamentos fóra do lugar de traballo habitual (por reunións, cursos formativos, visitas a clientes, etc). Así mesmo, o tempo dedicado á atención á clientela e aos superiores xerárquicos, fóra do horario pactado, a través de dispositivos informáticos facilitados polas entidades (móbiles, tabletas, tokens, etc).
- Segundo:
- Para evitar que a través da compensación (en moitos casos ficticia), poda dar lugar á implantación de xornadas irregulares e para limitar o número de horas extras (nun sector en plena destrución de emprego), de forma excepcional, ambas partes acordan o pago das horas extraordinarias e a súa cotización á Seguridade Social.
- Terceiro:
- O sistema de rexistro e control horario ha de ser fiable, non podendo dar lugar a manipulacións ou presións ao persoal. Para estes efectos, rexistrarase a xornada laboral efectiva a través da conexión informática coa clave persoal de cada traballador ou traballadora, tanto nos centros de traballo, como nos dispositivos móbiles, tabletas, tokens de seguridade, etc.
- Cuarto:
-
Co obxectivo de reducir os riscos laborais asociados aos desprazamentos, así como os custes para as propias empresas, ambas partes coinciden en que se limiten as reunións fóra dos centros de traballo habituais, especialmente fóra do horario laboral, dado que as empresas contan a día de hoxe con medios tecnolóxicos como multiconferencias, videoconferencias, etc.
En todo caso, cando por causas excepcionais a empresa alegue a necesidade de realizar reunións de traballo fóra do horario pactado, comunicaranse previamente á representación legal dos traballadores. E procederase ao rexistro do tempo efectivo de traballo, incluíndo os desprazamentos nas reunións presenciais en centros de traballo distintos aos de destino do persoal, prestando especial atención ao cumprimento dos descansos entre xornadas. - Quinto:
- Baixo a denominación horario flexible, asistimos á implantación de xornadas irregulares sen dar cumprimento aos requisitos establecidos no ET. No caso do persoal adscrito a horarios flexibles, cando sexa a propia empresa a que fixe citas de clientela fóra do horario xeral, esta comunicará con 5 días de antelación o horario previsto.
- Sexto:
- A través deste acordo colectivo déixanse sen efecto as cláusulas individuais, anexas aos contratos de traballo, que inclúan a obriga de realizar horas extras, posto que ademais, segundo as propias empresas, non foron de utilidade, xa que non se realizan horas extraordinarias no sector financeiro.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario