26 de febreiro de 2010

Cumprir a xornada é crear 1.250 postos de traballo




O día 11 de febreiro a CIG volveu saír á rúa, en Vigo e Lugo, para denunciar os acordos de “flexibilidade horaria” que están impoñendo os grandes bancos coa complicidade de CC.OO e UGT. Acordos que rematan coa xornada regulada, dando paso ao traballo por obxectivos. Estes acordos consagran a impunidade para realizar milleiros de horas extras.

Os milleiros de horas extras realizadas polo persoal da banca impiden a conciliación da vida laboral e persoal dos traballadores e traballadoras.

Son unha fraude ao propio persoal, non se pagan malia que o convenio establece que debe pagarse 1,75 por cada hora traballada (computando o valor de 17,25 pagas incluíndo a antigüidade). Tede claro que, de ser pagadas, os ingresos serían superiores aos complementos “voluntarios” que percibimos.

As horas extras ilegais dos bancos son unha fraude á Seguridade Social, xa que non se cotizan. Son unha fraude contra nós mesmos e contra todos os traballadores e traballadoras, mais as prestacións están sometidas a permanentes recortes con contrarreformas do sistema público de pensións.

Son unha fraude insolidaria, xa que superan o límite máximo permitido anual de 80 horas, cando na Galiza hai 230.000 persoas sen emprego e no Estado máis de 4.000.000.

Pensade que se o persoal das Entidades bancarias en Galiza cumprira o horario, as empresas deberían crear 1.250 postos de traballo.

Temos dereito a coñecer cal é a nosa xornada de traballo e que estea dentro dos límites legais. O resto é dar por bo a fraude social e laboral da extensión ilegal da xornada.

Por todo isto, o 11 de febreiro, a CIG concentrouse nos principais bancos nas cidades de e , como fixeramos o 28 de xaneiro na e . E rexeitamos os acordos de flexibilidade horaria negociados a nivel de empresa no BSCH, Popular ou Sabadell e os acordos que incrementan a xornada ou implantan as tardes como no BBVA.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: