Conflito Colectivo Complemento AVE
A empresa absorbeu o AVE con cargo ao
- Tal e como comunicamos, presentamos papeleta de conciliación de conflito colectivo, contra a decisión do BBVA de absorber o complemento AVE. Celebrouse a conciliación sen que houbera acordo. Isto non é sorpresa.
- Previamente solicitamos da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo (AEB–CC.OO–UGT) o preceptivo informe, dado que dita absorción realízase segundo o BBVA en base ao artigo 5 do convenio (os asinantes do convenio déronlle á patronal un cheque en branco que permite ás empresas absorber calquera complemento fóra de convenio). Na súa contestación á nosa consulta indicaron que a Comisión Paritaria non tomará posición (sorpresa), dado que segundo a AEB «no tiene nada que ver con el Convenio» (sorpresa dobre).
- A nosa demanda partía coa dificultade da amplitude a favor dos bancos que supón o artigo 5. Pero tal e como indicamos na papeleta, o complemento AVE non podía ser absorbido se dende a súa posta en marcha non se indicaba que fose un complemento absorbible, e que o BBVA non podía decidir convertelo en absorbible unha vez devengado e cumprido polo persoal o traballo encargado.