Desde a Confederación Intersindical Galega facemos un chamamento a participar nos actos e mobilizacións convocados arredor do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres.
A CIG convoca unha Manifestación nacional que partirá ás 12 h. desde o edificio CERSIA (situado fronte á segunda entrada do Estadio de San Lázaro, preto do edificio sindical, en Compostela) até o edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano, porque simboliza a nosa resposta ante os recortes e a pasividade do goberno fronte a violencia machista.
Esta manifestación convocada pola CIG para a propia mañá do 25 de novembro non será a única da xornada, por iso facemos un chamamento a participar nas mobilizacións, concentracións e accións de rúa convocadas polo movemento feminista en Galiza, e concretamente nos convocados pola Marcha Mundial das Mulleres, da que a CIG forma parte, en: