Pasan os meses e as reunións, aparentemente a negociación segue igual coas posturas moi distantes, como se constatou na reunión do 11 de xuño. Pero os bancos continuaron coa súa carreira de desregulación e reestruturación do sector. Agora cun plan piloto do BBVA para eliminar os postos de caixa e as operacións en efectivo; o 16 de xuño mobilizarémonos en Santiago para protestar, hai que parar ao BBVA.
A realidade pois é distinta do que sucede na Mesa en Madrid, onde a patronal teima nas súas propostas: