Amosando publicacións coa etiqueta denuncia-penal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta denuncia-penal. Amosar todas as publicacións

21 de outubro de 2014

Corrupción sindical: non todos somos iguais

Hai «sindicatos» sacudidos de xeito permanente por escándalos e supostos casos de corrupción. Un dos últimos, o das tarxetas «black» de Caja Madrid, afecta a persoas vinculadas a CC.OO e UGT que formaron parte das mesas negociadoras dos Convenios Colectivos das Caixas de Aforros (), dos Convenios Colectivos da Banca () e das negociacións de Expedientes de Despedimentos Colectivos (ERE's).

A quebra das Caixas de Aforros tivo un duro impacto laboral e social, houbo responsabilidades sindicais non depuradas. Ademais, cada día saltan novos escándalos sen que se asuman responsabilidades sindicais, evidenciando a podremia das estruturas dalgúns sindicatos.

11 de xuño de 2012

A CIG ante o rescate bancario e a intervención do Estado español

As axudas europeas non son de balde. As dirixidas ao sector financeiro implican a necesidade de recortes e axustes, co argumento de que as axudas públicas non poden vulnerar a libre competencia. Deste xeito, recibir axudas implica perder posición no mercado, nomeadamente a través do recorte da rede de oficinas e do emprego.

 MobilizateCoaCIG
 Ilustración: (CC) CIG

O rescate europeo da Banca é unha intervención maquillada do Estado español, que implicará ademais perda de soberanía: gran parte das decisións económicas e en materia de supervisión, serán tomadas por eurotecnócratas dende Bruselas. Sen que os cidadáns e as cidadás podamos votar para cambialos, e sen que teñamos dereito a decidir sobre o modelo económico e social no que queremos vivir.

A cidadanía, da que os traballadores e traballadoras do sector financeiro formamos parte, pagará o rescate dos banqueiros (que especularon contra a cidadanía), que non o rescate das entidades nin dos nosos postos de traballo.