Amosando publicacións coa etiqueta NCG b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NCG b>. Amosar todas as publicacións
8 de xaneiro de 2013
Contra a reconversión salvaxe do sector
O Goberno pretende impoñer nas Entidades nacionalizadas un duro plan de reconversión que contempla milleiros de despedimentos aplicando a Reforma Laboral (2.508 no caso de Novagalicia banco), acompañado dun duro recorte dos salarios (40% no caso de Bankia).
Máis alá da resposta que en cada unha das Entidades teñamos que ir dando, semella claro que estamos ante un proceso que afecta cada vez a un maior número de empresas, e que rematará afectando dun ou doutro xeito a todo o persoal do sector financeiro.
Os traballadores e traballadoras do sector non podemos quedar impasibles, non é só unha cuestión de solidariedade; parar os recortes no sector interésanos a todos e todas, para non deteriorar aínda máis as condicións laborais.
12 de marzo de 2011
Galiza ten dereito! En defensa do aforro, do emprego e do País

A marcha quere ser unha resposta contundente aos ataques que están a padecer sectores estratéxicos do noso País, nomeadamente as caixas de aforros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
