4 de decembro de 2017

Formación MIFID: Nós sacudimos a árbore, outros queren recoller as noces e «vendelas»

Tal e como anunciamos, o 10 de outubro presentamos unha papeleta de conciliación no SIMA en Madrid, paso previo para a presentación dun Conflito Colectivo contra o BBVA, polas actuacións unilaterais do banco en materia de formación MiFID.

Non houbo acordo, polo que a partir dese momento a nosa asesoría xa traballaba na demanda para a Audiencia Nacional, e falamos con outros sindicatos para presentala conxuntamente. Nese escenario, o banco optou agora por chegar a un acordo.

Para aclarar:

  • A formación é un dereito dos traballadores e traballadoras (artigo 4.2.b do Estatuto dos Traballadores/as). Polo tanto é unha obriga da empresa (non ao revés coma queren facernos ver).
  • Premiar a quen aproba pode estar ben, pero tamén para a xente que superou as certificacións con anterioridade. Pero o máis importante sería que o banco puxera medios e tempo para que todo o mundo poda superar as formacións. Sobre todo aquelas persoas que en base á mobilidade funcional adquiren novas funcións.
  • A formación debe realizarse dentro da xornada, de non ser así son horas extras a todos os efectos. Incluso a Guía 4/2017 da CNMV indica que corresponde aos bancos poñer os medios e o tempo para realizar os cursos.
  • O acordo fala das tardes dos xoves (sen reducir a carga de traballo ou os obxectivos), pero ademais estas suman 66 horas ao ano, inferior á duración das formacións MiFID.
  • Solicitabamos no conflito que o BBVA aceptase todas as titulacións e certificacións que validase a CNMV. O acordo non valida directamente as titulacións universitarias da rama económica.

En definitiva o acordo proposto polo Banco trata de pechar a vía xudicial co visto prace de CC.OO e UGT. Pero segue sen achegar unha solución real aos problemas xerados polas formacións MiFID, malia que o Banco está recibindo fondos públicos para formar ao persoal.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 171204 [.pdf • 165 kB]


Ningún comentario: