10 de outubro de 2017

Conflito colectivo contra o BBVA pola formación obrigatoria (MIFID)

O 10 de outubro presentamos papeleta de Conflito Colectivo contra o BBVA, pola formación MiFID, A decisión de forzar a formación CAFI colmou o vaso. Transcribimos literalmente o que demandamos:

  1. Que o tempo dedicado polos traballadores/as para realizar cursos de formación, tanto presenciais como on-line, relacionados coa normativa de «branqueo de capitais» ou a normativa MiFID II ten a consideración de tempo de traballo efectivo e debe ser retribuído como tal.
  2. Que debe facerse cargo dos gastos debidamente acreditados en que incorran os traballadores/as como consecuencia de ditos cursos de formación, tales como, compra da calculadora financeira, conexión a internet no seu domicilio ou impresión de manuais, e a cota que cobra a asociación EFPA cando se solicita unha revisión do exame.
  3. Que, ao ter ditos cursos de formación a consideración de tempo de traballo efectivo, a súa duración debe terse en conta aos efectos de xornada ordinaria de traballo, descanso entre xornadas, descanso semanal e horas extraordinarias, conforme ao previsto nos artigos 34 e 35 do .
  4. Que o tempo dedicado a dita formación debe rexistrarse diariamente aos efectos de comprobar o adecuado cumprimento dos horarios pactados e dos límites citados no apartado anterior.
  5. Que se entregará a información correspondente a dita formación aos representantes legais dos traballadores. f) Que respecte as titulacións públicas e as formacións validadas polo Ministerio de Educación e as Consellerías das Comunidades Autónomas, cando ademais estas se axusten ao establecido pola CNMV. E que polo tanto non obrigue ao persoal a asociarse a EFPA.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 171010 [.pdf • 29'8 kB]


Ningún comentario: