
Sufrimos recortes salariais brutais, os bancos pretenden manter indefinidamente medidas tomadas durante a crise financeira malia que agora ten beneficios históricos, hai mil horarios á marxe do Convenio, os obxectivos soben exponencialmente e a presión para conseguilos cada vez é maior.
Aínda por riba, no convenio a AEB mantén unha posición intransixente, cunha proposta salarial que implica outro recorte. E non só iso, pretenden implantar o desterro comercial, poder trasladarnos a 50 km (100 diarios ida e volta) a capricho, por non cumprir obxectivos.

Os traballadores e traballadoras de Abanca uníronse para plantar cara a unha situación que ten problemáticas de seu, pero as súas reivindicacións son as mesmas que as nosas. O día 11 de xaneiro ateigaron as rúas da cidade da Coruña, cunha pancarta, sen siglas, detrás da que caberíamos todas e todos.
Dende a CIG pensamos que chegou o momento de abrir o debate na Banca sobre a necesidade de convocar FOLGA no sector e así o trasladamos na Mesa do Convenio ao resto de sindicatos, e o faremos a nivel de cada banco. E traballaremos pola unidade para que a convocatoria sexa posible.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA