O Avogado Xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), propón que o Tribunal declare que a carta e a Directiva 2003/88, impoñen ás empresas a obriga de implantar un rexistro de xornada. A CIG, como parte interesada no Conflito Colectivo contra o Deustche Bank, agarda que esteamos na antesala dunha sentenza da xustiza europea que deixe novamente en evidencia sentenzas do Tribunal Supremo favorables á banca.
A CIG presentara conflitos colectivos contra Entidades Financeiras, por exemplo contra o BBVA, pola falta de rexistro de xornada, dentro dunha campaña contra as horas extraordinarias non pagadas nin compensadas e defraudadas á Seguridade Social.
Inicialmente a Audiencia Nacional ditou sentenzas obrigando a establecer este rexistro no caso Abanca (conflito interposto pola CIG) e no caso Bankia (interposto por toda a representación sindical nese banco), pero o Tribunal Supremo español fallou a favor da banca, denegando a existencia dunha obriga de rexistrar a xornada real.
Nun novo caso contra o Deustche Bank, no que a CIG é parte interesada xunto a CC.OO, ELA, UGT e CGT, a Audiencia Nacional tivo dúbidas sobre as sentenzas do Supremo, derivando o caso ao TXUE.
As conclusións do Avogado Xeral, habitualmente son a antesala ás sentenzas do TXUE no mesmo senso, pero a día de hoxe non hai sentenza. Estas conclusións anímannos a seguir reivindicando que o Goberno do Estado poña en marcha dunha vez a modificación legal, proposta pola CIG e que xa foi aprobada polo Congreso dos e das Deputadas. Se non o fai agora, pode verse obrigado polo TXUE.
Máis cedo que tarde o rexistro de xornada será unha obriga legal para as empresas, o que sen dúbida será unha vitoria sindical fronte aos abusos da banca.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA