18 de outubro de 2017

O Congreso dos Deputados aproba a iniciativa demandanda pola CIG para que o rexistro de xornada sexa obrigatorio

Primeiro paso para evitar a extensión ilegal da xornada

A CIG remitiu o 13 de xuño unha proposición aos Grupos do Congreso dos Deputados, agora o pleno aprobou unha proposición de lei coa abstención de «Ciudadanos» e o voto en contra do PP.

O pasado 13 de xuño a CIG remitiu aos Grupos do Congreso dos Deputados unha proposición de lei establecendo a obrigatoriedade de rexistrar a xornada laboral para combater as horas extraordinarias. Aos dous días o PSOE presentaba unha iniciativa e uns días despois EH Bilbu outra. Agora o Congreso dos Deputados debaterá a modificación legal, tal e como demandaba a CIG.

 
Manifestación da CIG pola Coruña o 8/05/2017

    Manifestación en maio da CIG—Banca polos Cantons da Coruña.
    Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA
 
 

Campaña da CIG

As horas extraordinarias ilegais na Banca, son un problema endémico e estrutural e son unha fraude masiva á Seguridade Social. Por iso dende a CIG — BBVA iniciouse unha campaña presentando demandas contra os bancos. Inicialmente a Audiencia Nacional ditou sentenzas favorables, pero os bancos rescatados ( e ) recorreron ao Supremo, mentres as patronais bancarias abrian procesos de negociación. Uns procesos que os bancos remataron sen acordo, despois do fallo catastrófico do Tribunal Supremo.
Daquelas a CIG elaborou a proposicón de lei, que foi remitida aos Grupos do Congreso. Aos dous días unha deputada do PSOE de Ourense (Inspectora de traballo en excedencia) presentou unha iniciativa, días despois o sindicato LAB confirmaba que EH Bilbu presentaba outra iniciativa.

 

Aprobada no Congreso

O 17 de outubro o Congreso dos Deputados debatía unha proposición de lei, que foi aprobada co voto da esquerda e do nacionalismo, a abstención de Ciudadanos e o voto en contra do PP. Unha vez aprobada a proposición de Lei no Congreso, agora inicia a súa tramitación parlamentar como proxecto de Lei, para que poda ser emendada. Pero semella que unha vez aprobada a iniciativa, o rexistro de xornada demandado pola CIG está mais preto.


Fai o amor e Non horas extras!!!



Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 171018 [.pdf • 818 kB]


Ningún comentario: