
Hoxe remata o prazo establecido polo Goberno español da consulta pública sobre a OPA.

De esquerda a dereita: Sefi Romero, Néstor Rego, Miguel Lis e Xosé M. Fernández
A federación de Banca da CIG, mantivo onte, 15 de maio, unha xuntanza co deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na que participaron os secretarios das seccións sindicais da CIG nas dúas entidades, ademais da secretaria da federación, para trasladarlle a nosa firme posición contraria a esta operación e os nosos argumentos para rexeitala. O deputado comprometeuse a presentar unha iniciativa no Congreso para abordar o impacto desta operación, despois da reunión coa CIG.
Se se permite a OPA, suporá unha nova destrución de emprego no sector financeiro, que xa sufriu unha dura reconversión, sabendo que as fusións rematan sendo unha demolición das entidades absorbidas, destruíndose a curto prazo emprego equivalente ao persoal destas.
Neste sentido, a CIG—Banca levamos anos advertindo sobre que a lexislación penaliza as saídas brandas (prexubilacións), polo que, de autorizar calquera fusión, sería necesario que o Goberno habilitase procedementos extraordinarios para facilitar prexubilacións. Doutra forma os EREs poden ser duros, centrándose no despedimento de persoas de 40 a 50 anos que, con carácter xeral teñen cargas familiares e difícil recolocación no mercado laboral.
Considerando que o sector financeiro é estratéxico para a economía e que no Estado ten características de oligopolio, a aprobación de calquera fusión, incluída a OPA, profundaría nesa liña. Hai que subliñar que a suba de intereses do BCE non repercutiu na clientela (subiron os intereses dos préstamos, pero non a retribución ao aforro) e que a política de préstamos é a mesma, obrigando á contratación de produtos que a clientela non demanda, encarecendo o financiamento a empresas e particulares.
Ademais, as entidades comparten accionistas maioritarios, fondos de investimento de EE.UU, nun escenario de incerteza nas relacións entre a UE e EE.UU. Calquera fusión só beneficiaría a eses accionistas, sen que a CNMV, que só pide medidas temporais durante 3 anos, valorase como afecta á competencia que a gran banca española comparta accionistas maioritarios (BlackRock, Vanguard…). A maiores, a fusión permitiría ao BBVA desgravar inxustamente pagos dos impostos sobre futuros beneficios.
En Galiza, onde o sistema financeiro presenta un alto grao de concentración bancaria, coa OPA quedaría unha cota superior ao 90 % en 5 entidades. E preocúpanos especialmente que a fusión reduza a rede de oficinas no rural e barrios das grandes cidades, onde reside unha poboación moi envellecida que demanda atención presencial.
Finalmente, se o Goberno autoriza esta OPA hostil, a CIG estaremos manifestando o noso rexeite público na rúa, e loitaremos para manter os postos de traballo no noso país, coma xa temos feito en procesos anteriores.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA