
Concentracións da CIG contra a OPA BBVA–Sabadell e pola defensa dos nosos postos de traballo

O vindeiro 26 de xuño remata o prazo para que o Goberno tome unha decisión sobre a OPA hostil do BBVA ao Banco Sabadell.
As seccións sindicais da CIG no Banco Sabadell e no BBVA, mobilizámonos na Coruña, diante da Delegación do Goberno na Galiza para esixirlle que se opoña rotundamente a esta operación que só beneficiaría aos grandes fondos de investimento especulativos estranxeiros. Tamén estivemos diante da DT Noroeste do BBVA e da OP do Banco Sabadell.
De saír adiante a OPA, a posterior fusión terá consecuencias laborais nas dúas entidades moi graves, sabendo que as fusións son demolicións das entidades absorbidas. Non só pola enorme destrución de emprego que suporá, senón porque as condicións de traballo do persoal que quede empeorarán (máis mobilidades xeográficas, cambios de xornadas, maior presión comercial… etc.)
Ao mesmo tempo demandamos do Goberno que, se autoriza calquera fusión, habilite procedementos extraordinarios que faciliten prexubilacións, sabendo que os EREs poden ser duros e que se centran en persoas de 40 a 50 anos que, con carácter xeral, teñen difícil recolocación no mercado laboral.
En Galiza, o sistema financeiro xa presenta un alto grao de concentración bancaria, con máis do 90 % en mans de 5 entidades, e coa fusión continuará o peche de oficinas no rural e nos barrios das grandes cidades, onde reside unha poboación moi envellecida que esixe atención presencial.
Se o Goberno non se opón a esta OPA hostil, endurecendo as esixencias para levala a cabo, a CIG continuaremos manifestando o noso rexeite público na rúa e loitaremos por manter os nosos postos de traballo no noso país e as nosas condicións laborais.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA