30 de maio de 2024

En anos de INXENTES beneficios os bancos seguirán recortando salarios

A patronal mantén no 10 % a súa oferta de suba salarial para un convenio de tres anos (2024, 2025 e 2026); contempla tamén unha revisión salarial ao final da vixencia do convenio referenciada ao IPC, topada no 2 %

A CIG manifestou na mesa que para nós segue sendo irrenunciable a recuperación da capacidade adquisitiva perdida nos últimos convenios (nomeadamente no XXIV Convenio, 20192023), estando en disposición de acordar unha fórmula que permita esa recuperación de forma progresiva durante a vixencia do próximo.

De igual forma, non contemplamos outro escenario que o de garantir a futuro que os nosos salarios non queden sometidos aos vaivéns da inflación. E para iso temos que fixar un incremento salarial significativo acorde coa situación económica dos bancos.

Insistimos nunha cláusula de revisión salarial referenciada ao IPC que se aplique anualmente, e non ao final da vixencia do convenio como propón a patronal. A súa fórmula afonda no recorte de salarios.

A suba da patronal está vinculada á aplicación dunha cláusula de garantía salarial. Para a CIG, é desequilibrada e desproporcionada, xa que implica renunciar a un aumento salarial de convenio maior e máis xusto, a cambio dunha garantía salarial para todo o cadro de persoal escasa e limitada no tempo. Así perdemos todas e todos.

Cun IPC adiantado do mes de maio do 3'6 %, claramente isto significa seguir recortando salarios.

A próxima xuntanza será o 11 de xuño, agardamos que AEB mellore substancialmente a súa oferta salarial.

Loitamos por un convenio xusto, para recuperar e manter o poder adquisitivo, para acabar coa presión e acoso comercial e para reducir a carga de traballo.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 240530 [.pdf · 96 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA