6 de febreiro de 2024

Convocatoria de FOLGA nos bancos AEB o 29 de febreiro

CIG, ELA, I-CSC, SEC
mobilización

Os sindicatos CIG, ELA, SECBBVA e a Intersindical–CSC aprobamos a convocatoria conxunta de para o próximo 29 de febreiro. Agardamos poder seguir sumando a outros sindicatos na convocatoria. Para avanzar na consecución de melloras no convenio é necesaria a mobilización de todos e todas xa, non podemos agardar á véspera da semana santa para dar este paso, o deterioro das condicións laborais e o clima laboral tóxico así o exixen.

Os grandes bancos AEB acaban de publicar, repetindo a proeza de 2022, uns beneficios históricos, prometendo máis para este exercicio; non podemos deixar pasar este momento para negociar e recuperar dereitos.

É agora ou nunca!

Queremos unidade de acción, porque así nolo pedides vós; e por iso, dirixirémonos ao resto de sindicatos con representación na mesa de convenio para que se adhiran a esta convocatoria. Compartimos a necesidade de convocar folga no sector, pero debe ser o antes posíbel, non podemos seguir soportando máis desprezos da patronal. A prol desa unidade, as organizacións promotoras desta convocatoria manifestamos a nosa intención de apoiar os paros parciais anunciados para o día 26 de febreiro polos sindicatos estatais, mais sen perder de vista o noso principal obxectivo, a do 29 de febreiro.

Sen siglas, sen bandeiras, sen protagonismos estériles das organizacións convocantes. Será a folga do conxunto de traballadores e traballadoras dos bancos. A unión de todos e todas nós, traballadoras e traballadores nos bancos, será a que obrigue á patronal a unha negociación real e non a impoñer as súas condicións.

Se queremos recuperar poder adquisitivo, se queremos poñer freo á presión comercial desmedida, se queremos acabar coas pretensións da patronal AEB de máis recortes e precarización do traballo bancario… a FOLGA é a resposta!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan ou realizar algún comentario; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 240206 [.pdf • 173 kB]



Cartaz que podes utilizar para a Folga (premer sobre a imaxe)

Cartaz «Pechado por Folga»  

1 comentario:

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA