26 de maio de 2021

Folga 26 maio no BBVA

CGT-SEC-CIG-ELA-SCAT-LAB

As organizacións sindicais enriba asinantes, co apoio das compañeiras e compañeiros participantes na Folga manifestámoslle á empresa o noso contundente rexeite e unánime ao reaxuste que pretende levar a cabo o BBVA. Respondemos coa folga a nivel estatal de hoxe, 26 de maio, convocada por CGT BBVA, unida ás folgas en Catalunya, Galiza e Euskal Herria convocadas por SEC, CIG, ELA, SCAT e LAB.

Seguimos a ler na prensa que 3.798 familias irémonos as nosas casas prexubiladas, dentro dunha campaña orquestrada que busca que este drama de 3.798 DESPEDIMENTOS —ou a cifra dos mesmos que quede despois de, como intenta o BBVA, eliminar as restricións á mobilidade xeográfica e modificando as condicións dos nosos contratos— non teña visibilidade social. ABONDA XA!

Os argumentos esgrimidos para este DESPEDIMENTO COLECTIVO teñen sido amplamente rebatidos nas distintas reunións:

  • Como pode unha entidade que gañou 1.200 millóns de euros no primeiro trimestre de 2021 dicir que elimina persoal porque gaña menos diñeiro?
  • Como pode unha entidade que fai un ERE subir un 200 % a remuneración dos seus directivos?
  • Como pode BBVA repartir dividendos se fai un ERE?

Hoxe, 26 de maio, pechamos moitas oficinas do BBVA. ÉXITO DE SEGUIMENTO EN MOITOS TERRITORIOS, CON % PRETO DO 100 %O cadro de persoal entendeu que secundar a folga non significa perder un día de salario, significa sacrificar un día de salario mellor que sacrificar o soldo do resto da túa vida. Secundar a folga significa sinalarse, pero non diante da empresa, senón diante das nosas compañeiras e compañeiros para conseguir frear unha traxedia laboral.

GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE COLABORÁSTES CON NÓS PARA INTENTAR EVITAR ESTA TRAXEDIA.

Isto non remata hoxe, SE O ERE SE ASINA, A PARTIR DO 6 DE XUÑO COMEZA O VERDADEIRO DRAMA: A COMUNICACIÓN DOS DESPEDIMENTOS.

SEGUIMOS LOITANDO!


Imaxes da folga en Galiza, Catalunya, Euskal Herría e resto do Estado



Ligazón relacionada:

Xornal Avantar:





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Folga no BBVA
Comunicado 210526 [.pdf · 2 MB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA