Despois dun ano traballando en condicións sumamente difíciles pola Covid (presencialmente en oficinas con moito risco de contaxio, ICO's…), do saqueo da retribución variábel… Como premio, volvémonos a atopar coa subxectividade e arbitrariedade do Proceso de Avaliación Anual.
Totalmente perverso é o que leva anos acontecendo: directores/as de oficina e directores/as comerciais puntúan seguindo instrucións dos/das DCBC's (por indicacións dos Directores de Zona), PERSOAS coas que nin sequera teñen un contacto directo. Unha farsa e unha falta de respeto absoluta que pode carrexar graves consecuencias.
Este é o xeito real de xestión das PERSOAS pola dirección do BBVA: converter a subxectividade e a arbitrariedade en maior inxustiza. Ante esta forma de actuar, á CIG sempre nos terán en fronte. Mentres, membros da anterior alta dirección do Banco continúan imputados por feitos con graves repercusións para a entidade ou se filtra á prensa as intencións de aplicar un ERE para milleiros de persoas. Non cumpren coas expectativas.
A AVALIACIÓN É O NOSO EXPEDIENTE LABORAL, polo que:
- A entrevista explicativa da avaliación é obrigatoria.
- Non aceptes unha avaliación que non se corresponde coa realidade, en ningún caso. Se non estás de acordo coa túa avaliación, indícao por escrito solicitando a súa modificación. Nun futuro isto pode ser moi importante.
- Contacta con nós. Ante calquera discrepancia, reclamación na avaliación, conta e contacta con nós, para iso estamos.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA