
No ano 2019 o BBVA decidiu eliminar o horario especial do Nadal dos días 24 e 31 de decembro e do 5 de xaneiro.
Daquelas presentamos Conflito Colectivo. Despois de alongar o proceso e á espera de sentenza o BBVA denegou o dereito tamén no ano 2020.
A CIG, coma sempre, non deu por bo un recorte dos nosos dereitos, e instamos dende os comités de empresa ao cumprimento dos horarios especiais nas catro provincias galegas. No Conficto Colectivo que representamos contra o BBVA, incluímos a todos os sindicatos coa presenza no banco en Galiza e só CGT sumouse a nosa demanda; CC.OO–UGT–ACB pasaron de presentarse (así defende os vosos dereitos).
O BBVA para evitar o xuízo, dixo que estaba aberto a negociar, pero foi unha simle estratexia para dilatar o proceso e poder recortar o horario especial do Nadal tamén no 2020. Nunca negociou nada, polo que finalmente se celebrou o xuízo.
O que fixo o BBVA foi unha modificación substancial, sen cumprir a lexislación para, actuando como Mr. Scrooge, facernos traballar máis horas no Nadal privándonos de poder estar coa nosa familia.
Agora vimos de coñecer a sentenza do TSXG, que declara NULA a decisión do banco, ordenando repoñer as condicións laborais demandadas. Grazas á CIG recuperaremos o horario especial no Nadal nos días 24 e 31 de decembro.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA