Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB
A excepcional situación de pandemia por coronavirus está agravando e deteriorando a pasos axigantados as condicións laborais nas empresas adheridas ao convenio de banca (
AEB),
xa de por si empeoradas polos sucesivos procesos de axustes de persoal que supuxeron unha redución do 25 % no seu conxunto dende o ano 2000 (pasando de 122.861 no ano
2000 a 91.539 persoas a
31/12/2019).
Procesos que aínda non remataron; veñen de anunciarse dous novos axustes de persoal, nos Bancos Santander e Sabadell que poden supoñer a perda de 5.000 postos de traballo.
O servizo bancario foi considerado servizo esencial desde o inicio da pandemia, e os seus traballadores e traballadoras responderon con responsabilidade e sacrificio, prolongando durante meses a súa xornada laboral (e seguen a facelo), para prestar ese servizo ao conxunto da sociedade, en detrimento da súa vida persoal e da súa saúde en moitos casos, sen que eses excesos de xornada se viran compensados de ningunha forma, tal e como obriga a lei.
Con este escenario, a negociación do convenio, vencido en
decembro de 2018 e prorrogada a súa ultraactividade ata o
31/12/20 (3
ª prórroga), non avanza. A posición inmobilista da patronal, cunha proposta «prepandemia» de recortes en dereitos e conxelación salarial non permitiu chegar a acordos. A proposta salarial profundiza na perda de poder adquisitivo sufrida nos dous convenios anteriores, cunha suba do 0,50 para os anos
2022 e
2023, deixando os anos
2019,
2020 e
2021 sen revisión salarial.
Engaden un
recorte salarial a través dunha modificación na percepción dos trienios por antigüidade, que na práctica supón a consolidación a futuro dunha rebaixa nas cantidades a percibir.
Non pasou igual co reparto de dividendos no sector no período comprendido
entre 2014 e 2019, cun
montante total de dividendo repartido
multiplicado por catro. E por riba trata de reforzar a súa postura apoiándose na crise sanitaria que padecemos.
A banca sigue liderando a brecha salarial de xénero, que se sitúa no 23 %. As mulleres son discriminadas por exercer a maternidade; a súa carreira profesional queda interrompida por ese motivo. Esta discriminación directa incrementa a brecha salarial.
De igual forma o sector rexistra unha clara discriminación indirecta ao perpetuar a existencia de postos feminizados que, na práctica, requiren a mesma capacitación e formación, e implican as mesmas funcións, que outros desempeñados maioritariamente por homes. Por iso dende a CIG esiximos que a igual traballo igual salario.
Non é momento de recortes, é o momento de recoñecer o esforzo realizado polas traballadoras e traballadores do sector.
Por todas estas razóns, na CIG consideramos necesario denunciar publicamente, con concentracións simultáneas que fixemos onte, día 29 de outubro, en Ourense, Lugo, Compostela, A Coruña e Vigo, diante das distintas entidades, o difícil momento que están a vivir os traballadores e traballadoras do sector, reivindicando a necesidade, máis que nunca, dun convenio xusto que garanta unhas condicións laborais dignas.
➤ Temos
unha canle en
Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan;
Únete!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA