9 de novembro de 2020

A CIG considera gravísimas as declaracións do Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións José Luis Escrivá, sobre a reestruturación do sector financeiro.
Non descartamos mobilizacións

Os cadros de persoal do sector financeiro temos que enfrontar unha reconversión permanente dende o ano 2008, instada por organismos públicos. Son decisións políticas. Impulsan fusións para crear monstros financeiros que o tempo demostra que teñen unha dubidosa solvencia e son nada ou pouco rendíbeis, destruíndo neste proceso 120.000 postos de traballo en todo o Estado, aos que hai que engadir 15.000 máis que os bancos queren amortizar neste ano.

Esa reconversión está levándose a cabo no marco creado polas Reformas Laborais que o mesmo Goberno se resiste a derrogar, mantendo os aspectos que facilitan ás empresas despedir libremente e cada vez máis barato.

Nese senso, resultan especialmente dolosas as declaracións do Ministro José Luis Escrivá destes días pasados, anunciando unha penalización aos procesos de prexubilacións, sinalando ao persoal dos bancos. Unha vez máis preténdese dar unha imaxe do persoal do sector financeiro coma privilexiado con retiros dourados. Nada máis lonxe da realidade pois trátase de traballadores e traballadoras con longas carreiras profesionais e, polo tanto, décadas de anos de cotizacións. Na maior parte dos casos, chegada a xubilación anticipada, o persoal ten entre 35 e 40 anos cotizados á Seguridade Social.

As prexubilacións son unha ferramenta utilizada en todos os procesos de reconversión ao longo do tempo e en todos os sectores. Non é un privilexio do persoal dos bancos, é unha fórmula social amplamente utilizada.

Penalizar as prexubilacións en plena reconversión bancaria e coas reformas laborais vixentes, é situar a diana sobre persoal máis novo, normalmente con cargas familiares. Isto abarataría o custe dos despedimentos para os bancos. Se iso é o que quere o señor Ministro, favorecer a gran banca, que o diga abertamente.



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 201109 [.pdf • 107 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA