3 de febreiro de 2020

Avaliacións 2019: aumentan a arbitrariedade e inxustizas 

Máis outro ano, volvemos denunciar a subxectividade e arbitrariedade do Proceso de Avaliación do Desempeño que, lonxe de desaparecer, aumentan.

Se subxectivo e arbitrario é que o/a responsábel responda dentro da súa percepción ás preguntas de «Cumprimento de obxectivos» e «Como vive os valores do Grupo» das persoas avaliadas, totalmente perverso é o que está a acontecer: DCBC's… indican a directores/as de oficina e directores/as comerciais a puntuación que teñen que poñer ao persoal avaliado segundo a cualificación feita previamente polos/as DCBC'sbest performer», «good performer» ou «bottom performer»), PERSOAS coas que nin sequera teñen un contacto directo. Unha farsa e falta de respecto absoluta que lles pode carrexar graves consecuencias.

Estas clasificacións e listaxes, ordenadas pola alta dirección do banco (Modelo de incentivación corporativo), teñen como único obxectivo poñer no punto de mira aos denominados «Bottoms» (máis seguimentos e presión, incorporacións futuras en pools de baixo desempeño,…), o de menos é non cobrar o bono.

Este é o xeito real de xestión das PERSOAS pola dirección do BBVA: converter a subxectividade e a arbitrariedade en máis presión e medo (canto peor, mellor). Ante esta forma de actuar, á CIG sempre nos terán en fronte, outros miran de lado. Mentres, membros da alta dirección do Banco (anteriores e actuais) están imputados por feitos con graves repercusións para a entidade. Mais nada cambiou na entidade, a vella forma de actuar de sempre.

É importante lembrar que A AVALIACIÓN É O NOSO EXPEDIENTE LABORAL , polo que:

  • A entrevista explicativa da avaliación é obrigatoria.
  • Non aceptes unha avaliación que non se corresponde coa realidade, en ningún caso. Se non estás de acordo coa túa avaliación, indícao por escrito dende o primeiro momento, solicitando a súa modificación.
  • Contacta con nós. Ante calquera discrepancia, reclamación… da avaliación, conta e contacta con nós, para iso estamos.

Demandas da CIG contra o BBVA


Ante a falta absoluta de actitude negociadora por parte de T&C, temos interposto recentemente demandas de conflito colectivo reclamando:

  • Nivel 6 para Director/a Comercial Contigo dende o primeiro día de desempeño de funcións. Ademais de ser unha gran inxustiza comparativa, consideramos que non se axusta a legalidade que os/as directores/as comerciais de Contigo teñan que agardar seis meses na función para ter o Nivel Técnico 6 (o/a director/a de oficina percibe as retribucións dese nivel desde o primeiro día de desempeño de funcións). O máis lamentable é que así se estableceu no nefasto Acordo de Contigo que CC.OOUGTACB lle asinaron ao Banco.
  • Horarios reducidos dos días 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro. Ao non estar contemplado no Acordo de Rexistro de Xornada (asinado por CC.OOUGTACB) o adiantamento na hora de saída deses días vésperas de feriados de Nadal, que se veu facendo historicamente igual que no resto de entidades, T&C non o autorizou o pasado Nadal. Consideramos que isto é un dereito adquirido para todos e todas nós, polo que pelexaremos nos xulgados para que en vindeiros anos poidamos seguir desfrutando del.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 200203 [.pdf • 599 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA