6 de maio de 2019

Os Bancos teñen que rexistrar a xornada laboral efectiva

A partir do vindeiro 12 de maio, as empresas están obrigadas a poñer en marcha un rexistro de xornada, conforme á proposta da CIG que foi aprobada como Real Decreto Lei 8/2019.

Cando foi aprobado o Real Decreto dirixímonos a distintas entidades bancarias (, BBVA e ) instando ás direccións a abrir o proceso de negociación, pero non houbo resposta.

Na reunión de do pasado 2 de abril, a patronal viu coa proposta de que se incluíse a negociación do establecemento dun sistema de rexistro de xornada dentro da propia negociación do convenio.

Enquisa: Ti Traballas, Ti Decides!

Dende a CIG enviamos un correo a AEB solicitando:

  • Que nos informen do modelo de rexistro que teñen previsto establecer os bancos en atención ao prazo establecido no RDL. 8/2019.
  • Que AEB recoñeza que ese modelo terá carácter provisional, a expensas do que se acorde na negociación.

Unha vez conseguido un dereito que consideramos primordial na nosa histórica loita contra o fraude das horas extras no sector financeiro (non remuneradas, nin cotizadas á Seguridade Social, nin tributadas), como sindicato non podemos pactar o incumprimento da lexislación, nin un período de «carencia» na aplicación da Lei.

En todo caso seremos especialmente firmes se estamos ante unha estratexia das Direccións co único obxectivo de adiar o cumprimento da lexislación.

Esta actuación das empresas demostra que o Rexistro de Xornada, aprobado polo Goberno nos termos propostos pola CIG, é unha medida que lles provoca «urticaria». Atrás quedan as críticas de CC.OO e UGT que alegaban que o Real Decreto non sería efectivo.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 190506 [.pdf • 25 kB]


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA