
O IPC pechou en 2025 no 2,9 % e a suba dos nosos salarios para este ano non chega nin a cubrir a suba do custo da vida (con este nefasto convenio nin recuperamos a brutal perda de poder adquisitivo anterior nin cortamos a mesma). En 2026 a suba do Salario Base de Nivel será do 2,75 % e a de outros conceptos como as antigüidades (xeral e de técnicas/os) do 2 %.
As previsións son que neste ano continúen a subir, de xeito significativo, os prezos dos servizos básicos como o a vivenda ou a alimentación (o importe da axuda alimentar para as xornadas partidas, continuará en 11 €, sen suba desde 2023).
E para quen lle apliquen a cláusula de compensación e absorción do art. 5, a perda será aínda moito maior. A suba (por chamarlle algo) TOTAL de salarios será só do 50 % da suba do salario base de nivel, do 1,375 % da suba só do salario base. A modo de exemplo, a suba total dun salario de nivel 6 será de 503 euros brutos para todo 2026.
Despois dunha loita exemplar e decidida das traballadoras da banca (con 2 xornadas de folga e paros na Galiza moi exitosas) para recuperar a enorme perda salarial de anos anteriores e que non se volvese a producir no futuro, os asinantes do Convenio (CC.OO, UGT e FINE) apresuráronse a asinar un mal preacordo antes do verán de 2024, que ratificaron coa sinatura en novembro, sen dar oportunidade a que as traballadoras e traballadores decidísemos democraticamente sobre se aceptar o ofertado pola AEB ou continuar coa loita e as mobilizacións para acadar mellores condicións.
No vindeiro ano iniciarase a negociación dun novo convenio e a mesa negociadora configurarase co resultado da eleccións sindicais a celebrar a comezos de ano, o que dependerá de todas e todos nós. Como mínimo, agardamos que os asinantes habituais tomen boa nota das demandas reais e máis que merecidas das traballadoras da banca, porque estamos fartas de perder e perder salarios e dereitos convenio tras convenio.
Continuarmos con perda de salarios e de dereitos mentres os bancos seguen a incrementar ano tras ano beneficios históricos non é de recibo!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA