25 de xuño de 2024

AEB e as súas esmolas

A patronal dirá que dan pasos adiante coas ofertas que vai facendo reunión tras reunión, como nesta ocasión na que presenta unha suba económica dun punto porcentual; poderíase pensar que se facemos vinte reunións máis, igual chegamos ao obxectivo… pero xa sabemos que non vai ser así.

Non só a base de . Nesta altura, esíxense medidas máis contundentes, como as que dende a CIG, levamos propoñendo ao resto de organizacións presentes na mesa de negociación do convenio: camiñar cara unha nova folga! Nas mobilizacións anteriores, o persoal xa demostrou a súa capacidade de resposta ante a agresión dunha patronal sen límites de avaricia, nunhas entidades que, non nos cansaremos de repetilo, conseguiron esmagar os seus récords de beneficios.

A nova proposta presentada hoxe, foi dunha suba dun 11 % (un punto máis que na anterior) en táboas de salario base de nivel. Non modifican a garantía ao IPC, que seguen taxando nun máximo do 2 % sobre o exceso que represente o IPC sobre o 11 % a aplicar en 3 anos, á finalización do convenio. Sobre a cláusula de compensación e absorción, ofrecen que sexa para os 2 primeiros anos do convenio, pero tamén limitada ao 65 %. E ata aquí rematan os «cambios», propoñendo fixar a data do 10 de xullo como tentativa de acadar un acordo.

Pola nosa banda, reafirmámonos no xa exposto en xuntanzas anteriores, non renunciamos á recuperación do poder adquisitivo perdido, aínda que poderíamos chegar ao acordo de distribuír esa recuperación nos 3 anos do convenio, e o seu mantemento a futuro fixando unha cláusula de revisión salarial con revalorización segundo o IPC, sen ningún tipo de limitación, para que o resultante sexa un salario real e non un sucedáneo.

Tamén manifestamos que se se acadase un preacordo de convenio, porque a maioría da mesa decide reconsiderar as súas posturas, este preacordo se someta a un referendo entre o persoal do sector, que será ao que se condene a padecer as consecuencias da sinatura de outro mal convenio se se produce asumindo a oferta actual da patronal.

Dende logo, sen volver a exercer as medidas de presión que temos ao noso alcance, ás que nos conduce esta indecencia da patronal bancaria cunha oferta miserenta, temos a seguridade de que as entidades acadarán os seus obxectivos de balde, pero non contarán coa nosa colaboración.

En ano de beneficios os bancos recortan salarios e nós témolo claro

A loita é o único camiño!!!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 240625 [.pdf · 102 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA