
No día de onte, 15 de novembro, celebrouse a segunda reunión da mesa de negociación do convenio colectivo de banca.
Dende a CIG reivindicamos a urxente necesidade de recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos doce anos, e referenciar calquera suba salarial ao IPC, ao tempo que se garante o mantemento do poder adquisitivo a futuro.
A perda acumulada con carácter xeral, desde o ano 2011 (convenio 2011—2014, onde se suprime a cláusula de revisión salarial) é superior o 14 %. A esa perda hai que sumarlle a conxelación salarial que se deriva en cada caso da cláusula de compensación e absorción, que fai que moitas compañeiras e compañeiros teñan o seu salario conxelado desde hai dez anos ou máis. Cláusula que a patronal xa ratificou que non ten intención de suprimir do convenio.
A negociación dos plans de igualdade no sector puxo de manifesto a falta de igualdade e transparencia retributiva que hai nas empresas. Xa no anterior convenio reclamamos abordar na mesa de convenio esta materia coa necesaria amplitude e interese. Agora, cos datos por riba da mesa, non hai escusa.
Propoñemos un convenio cunha vixencia de dous anos. O anterior asinouse por un período de cinco anos (con subas salariais ínfimas e sen cláusula de revisión axustada á evolución do IPC), o que fixo que a perda de poder adquisitivo que arrastrábamos se incrementase notablemente no último convenio.
Antigüidade: AEB non quere falar de revisión salarial e recuperación de poder adquisitivo en tanto non coñeza o alcance da proposta xeral de convenio das distintas organizacións. Fai fincapé en que a antigüidade é un elemento que forma parte do salario, e polo tanto se falamos de salarios é necesario falar de antigüidade. Recordamos que no anterior convenio xa quedou conxelada a antigüidade desde o momento en que non se repercute a suba en táboas sobre este concepto; é dicir, devengamos trienios pero o seu valor quedou conxelado.
Mobilidade Xeográfica: a patronal volve sobre o tema da mobilidade, e reclama máis «flexibilidade» (ampliar o límite actual dos 25 km.) para mover o persoal, dada a redución dos cadros de persoal e oficinas no sector.
A próxima reunión será o xoves 14 de decembro.
Con beneficios récord a patronal bancaria quere seguir recortando dereitos!
A CIG NON SERÁ CÓMPLICE
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA