4 de xullo de 2023

Unha nova sentenza avanza no dereito á adaptación de xornada na banca

O Xulgado do Social  5 de Vigo declarou o dereito dunha traballadora do BBVA a acollerse á adaptación de xornada por coidados. Esta é a segunda sentenza favorable a unha traballadora de banca afiliada á CIG.

As persoas traballadoras temos dereito a solicitar a adaptación da duración e distribución da xornada, na ordenación do tempo de traballo e na forma de prestación, incluída a prestación de traballo a distancia, para facer efectivo o dereito á conciliación da vida familiar e laboral. Un dereito que os bancos están denegando por sistema obrigando en moitos casos a reducir xornada e salarios. Isto implica unha redución dos ingresos, pero tamén afecta á carreira profesional, maioritariamente das mulleres.

Pero fronte ao machismo institucional dos bancos, as traballadoras de banca estamos avanzando grazas á sentenzas favorables conseguidas polas asesorías xurídicas da CIG que están abrindo camiño.

Esta nova sentenza que ampara os dereitos da nosa compañeira Ana, traballadora do BBVA en , únese a unha anterior favorable contra . Trátase dunha sentenza moi significativa, permitindo mudar anos de redución de xornada e salario pola concreción horaria na hora de entrada/saída.

Se tes problemas de conciliación e non queres reducir a túa xornada e polo tanto o teu salario, non dubides en asesorarte con calquera delegada da CIG no banco




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 230704 [.pdf • 56 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA