30 de xuño de 2023

Circular conxunta sobre o acordo de préstamos hipotecarios

RLPT no BBVA

Tralas distintas reunións mantidas coa empresa, en relación ás condicións dos préstamos hipotecarios, e ante a posición de unidade e forza que mantivemos a Representación Legal das Persoas Traballadoras (RLPT), finalmente chegamos a un acordo que subscribimos por UNANIMIDADE.

Foi unha negociación dura na que a postura inicial do BBVA foi moi decepcionante, cun NON a TODO, e que provocou un grande atraso en dar solucións ao persoal.

Todos os sindicatos traballamos conxuntamente para dar un xiro nas negociacións, que inicialmente estiveron bloqueadas, e conseguir a mellora das condicións actuais, desde a responsabilidade e sendo moi conscientes da preocupante situación pola evolución dos tipo de xuro.

  • Poderase novar calquera modalidade de préstamo para primeira e segunda vivenda (incluso os recentemente novados a EUR +0,25), sen custo para o persoal nin ir a notaría.
  • Até o 15/10/2023 mantéñense os seguintes tipos de novación:
    • Prazo inferior ou igual a 15 anos: 2,20 % 
    • Prazo superior a 15 anos: 2,30 % 
  • Na maioría dos casos, admitirase, tamén sen custo, unha reversibilidade ás condicións anteriores.
  • Posibilidade de amortización anticipada do capital reducindo prazo e mantendo cota, ou ben reducindo cota e mantendo prazo.
  • Para as novas contratacións, a posibilidade de que o prazo máximo chegue á idade de 67 anos, en vez dos 65 anos máximos actuais. Acordamos que, simultaneamente á nosa comunicación, o Banco publicará todas as condicións detalladas.

Para calquera aclaración, toda a RLPT estamos á vosa disposición.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 230630 [.pdf • 239 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA