
Como vos anunciamos, o mércores 30 de maio tivemos a totalidade da Representación Legal das Persoas Traballadoras (RLPT) en BBVA a tan agardada xuntanza co Banco relativa á oferta conxunta sobre as melloras nas condicións dos préstamos para empregad@s, ante a preocupante situación do persoal de BBVA afectado pola evolución dos tipos de xuro.
Unha vez máis, BBVA perdeu a oportunidade de amosar que coida ao seu Persoal. NEGOCIO quere seguir facendo NEGOCIO con nós. NIN SEQUERA SE DIGNARON A PRESENTARNOS UNHA CONTRAOFERTA, tan só un NON A TODO.
Qúedanos claro, unha vez máis, que BBVA MALTRATA AO SEU PERSOAL:
- BBVA ten un Plan Persoas sen contar coas Persoas. Cando chega o momento de poñer en práctica o tan CACAREXADO PLAN, todo queda reducido a un eslogan vacío.
- Para BBVA somos empregad@s de 2ª no Sector Financieiro. Toda a competencia dispón de mellores condicións para os seu persoal (o noso principal competidor NON ABSORBEU a suba salarial do 4,5 % e FIXOU UN TOPE nos préstamos dos seus empregad@s no 1,5 % durante 12 meses).
- Para BBVA somos client@s de 2ª, toda vez que parte da clientela ten mellores condicións que nós, o que motiva que teñamos que levar as hipotecas á competencia. Até argumentan «problemas tecnolóxicos» para quen queira amortizar reducindo cota nos seus préstamos sociais. Á VANGARDA DA TECNOLOXÍA… mais con calquera cliente si que o poden facer.
- BBVA argumenta que mellorar os tipos de xuro dos préstamos de vivenda do seu persoal «é un agravio comparativo» para quen, afortunadamente, non os ten. Resérvase os agravios comparativos para nós fronte á clientela, á que si mellora as súas condicións cando negocia as hipotecas. Como encaixa co compromiso do Presidente Carlos Torres, no que aseguraba que o persoal sempre tería mellores condicións que a clientela?
- Para BBVA só somos 7.000 persoas con hipotecas por 1,4 MM de euros de capital pendiente ás que non se nos repercutiu nada cando o Euribor era negativo e ás que agora nos toca apandar, aínda que o noso soldo dependa do Banco. Somos tan só UN CUSTO.
BBVA saberá se quere seguir trantando así ao seu persoal, mais de non dar un xiro inmediato na súa postura, TERANOS A TODA A RLPT UNIDA E EN FRONTE. As 8 organizacións sindicais arriba presentes empregaremos todas as ferramentas de acción social ao noso alcance para facer saber a BBVA que ACABAN DE RACHAR A PAZ SOCIAL, NON NOS TOMEN POR TONT@S. Lembrámoslles que estes posicionamentos carentes de empatía cara o seu persoal —en exercizos récord en beneficios— TEÑEN AS SÚAS CONSECUENCIAS.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA