19 de maio de 2023

Acordo Interconfederal de Negociación Colectiva CEOE, CC.OO, UGT

Permitirá recuperar o poder adquisitivo? Non, dan por perdido 2021 e 2022 renunciando a calquera suba compensatoria.

O seguinte convenio de Banca subirá o que pactaron nese acordo? Non é vinculante, son simples recomendacións, en cada sector haberá que negociar o convenio. Ademais as subas recomendadas son pechadas, sen cláusula de revisión ligada ao IPC.

Entón non hai cláusula de revisión salarial? Non, simplemente se o IPC supera o 3 % (20242025) e sen importar por canto, poderase pactar nos convenios unha suba dun 1 % máis.

Que pasa coas baixas por enfermidade? As patronais e CC.OOUGT comprométense a incluír nos convenios fórmulas para reducir o número de baixas por enfermidade e acurtar a súa duración.

Tamén acordaron solicitar do Goberno que dea maior poder ás Mutuas na xestión das baixas. As Mutuas son asociacións empresariais, ao servizo das empresas, non das persoas que desgraciadamente enferman.

Defender, como pactaron CEOECC.OOUGT, que a alta a poida dar unha asociación empresarial e non a médica de cabeceira ou sen ter en conta ás especialistas dos Servizos Públicos de Saúde é unha barbaridade antisocial e inhumana.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 230519 [.pdf • 102 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA