O IPC do mes de agosto pechou no 11 % a nivel galego, un 10,5 % a nivel estatal. Curiosamente, cada vez que a CIG se mobiliza para reclamar unha revisión salarial, algúns espallan novas «esperanzadoras» sobre unha negociación en Madrid para subirnos os salarios. Pero en canto non hai mobilizacións a nivel galego, o tema desaparece da súa «axenda sindical».
Durante o verán a CIG fixo o lóxico parón nas mobilizacións no sector de banca. Pero é sorprendente que algúns aproveitaron o parón para non volver a falar da necesaria e xusta revisión salarial para o persoal de banca.
Estamos ante un problema que nos afecta a todos e todas, pero en maior medida a xente que está encadrada nos niveis profesionais máis baixos (o persoal de nova entrada), as persoas que teñen que desprazarse a oficinas lonxe do seu domicilio, ou as persoas que teñen contratos temporais a tempo parcial ou reducións de xornada para poder conciliar.
Os bancos aproveitan os ERE’s para ampliar e flexibilizar a xornada laboral e non aplican os horarios de convenio. Pero logo din que non poden subir os salarios, xa que para iso si que hai que aplicar o convenio. Unha tomadura de pelo consentida.
Levamos perdido un 6,5 % no ano 2021 e estamos perdendo un 10,5 % máis en 2022. Canto máis temos que perder para que outros sindicatos apoien as mobilizacións? Un 30, un 40, un 50 %? Non estaría mal que algúns sindicatos explicasen que perda consideran razoable.
A CIG está pola unidade de acción, pero non pola unidade de inacción. Mellor movernos en solitario, que unirnos para non facer nada. Así, a CIG volverá ás rúas a reclamar o que é de xustiza:
Se soben os prezos, que suban os salarios.
Se se descolgan do convenio para ampliar horarios, que o fagan para subir os salarios.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA