2 de maio de 2022

Manifestación pola Coruña con numerosas concentracións diante das sucursais bancarias

Intensa xornada reivindicativa da CIG–Banca

O pasado 28 de abril, delegadas e delegados da CIG nos comités dos distintos bancos, mobilizáronse para reclamar que se actualicen os salarios, percorrendo durante máis de 3 horas as rúas de , con concentracións en 20 sucursais de distintas entidades que se atopaban no percorrido, rematando na Delegación do Goberno, para protestar contra o Real Decreto da Autoridade de Defensa da Clientela.

Manifestación na Coruña

A CIG–Banca saíu á rúa para demandar unha SUBA SALARIAL DIGNA, rexeitando os recortes dos Convenios Estatais e protestar contra o incremento brutal dos obxectivos e da presión comercial.

Manifestación na Coruña

Os ánimos estaban quentes e as consignas «Se soben os prezos, teñen que subir os salarios» ou «A presión comercial é acoso laboral», resoaron permanentemente polas rúas da Coruña.

Manifestación na Coruña

Concentración diante da Subdelegación do Goberno na Coruña
A manifestación partiu ás 11 da mañá da rúa Juan Flórez, con concentracións nas oficinas do BBVA, Abanca, B. Santander, B. Sabadell, Bankinter e Caixabank, ata os Cantóns, para rematar na Delegación do Goberno, onde se protestou polo Real Decreto de creación da «Autoridade de defensa dos clientes financeiros», que fai Lei o modelo antisocial posto en marcha polas direccións dos bancos. Non regula o dereito da clientela a ser atendida presencialmente, nin pon freo ás abusivas comisións; tampouco regula tempos máximos de espera nas colas; pero ademais de dar corpo de lei á reconversión que afecta aos postos de traballo, pode dar lugar a sancións aos bancarios e bancarias.

O calendario de mobilizacións continuará nos vindeiros meses con manifestacións por outras cidades galegas. Non admitiremos caladamente un recorte tan brutal nas condicións laborais.




Ligazón relacionada:

Xornal Avantar:



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 220502 [.pdf • 3'7 MB]



1 comentario:

  1. 15anos501publ12/05/22, 13:01

    Parabén pola mobilizacións, agardamos que sirvan para algo

    ResponderEliminar

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA