19 de maio de 2022

Manifestación por Ourense e concentracións diante das sucursais bancarias

Nova xornada reivindicativa da CIG–Banca

foi o escenario dunha nova xornada de loita pola recuperación salarial e contra a presión comercial e a suba dos obxectivos. Estes días coñeceuse que as altas direccións subíronse os bonus un 29 %, ao tempo que o IPC a nivel galego pechou nun 9,1 %

Manifestación en Ourense

A CIG–Banca saíu á rúa para demandar unha suba salarial digna, rexeitando os recortes dos Convenios estatais.

Manifestación en Ourense

Mentres as altas direccións subíronse a retribución variable un 29 %, e o IPC a nivel galego pechou no 9,1 % o mes pasado, AEB e CECA manteñen a conxelación salarial.

Manifestación en Ourense

Por outra banda o número de clientes xestionado por traballador/a é moi superior á media europea, o que xunto aos peches, restricións, incrementos dos obxectivos e aumento das comisións, fai que os cadros de persoal convivan cunha inaceptable violencia verbal no traballo.

Manifestación en Ourense

Por iso as demandas do sector reflectíronse nas consignas «Se soben os prezos, teñen que subir os salarios» e «A presión comercial é acoso laboral», as máis coreadas polas delegadas e delegados da CIG Banca, que xa preparan unha nova xornada de loita noutra cidade galega.




Ligazón relacionada:

Xornal Avantar:



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 220519 [.pdf • 4'4 MB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA