Que soban os prezos non é nada novo e nunca foi tan problemático, simplemente os salarios e as pensións se actualizaban co IPC e punto. Iso non levou a quebra das empresas, nin da economía, como queren facernos ver os agoiradores e catastrofistas, que son simples lacaios ben mantidos das patronais.

A CIG sempre rexeitou os recortes dos Convenios da AEB, que agora chegaron tamén ao Convenio CECA.
Si que é certo que na banca privada (Convenio AEB) o sindicalismo centralista sempre aceptou que os salarios medrasen por baixo da suba dos prezos. A CIG sempre o rexeitou e historicamente demos a batalla. Recortes que non eran tan acusados no Convenio de Aforro, até que as caixas foron privatizadas, agora o recorte salarial é incluso maior.
Os Convenios Estatais, asinados por CC.OO e UGT, son fonte habitual de recortes en dereitos, pero nunca coa intensidade do último ano e meses. Un recorte nos salarios dos convenios que se suma á conxelación e polo tanto recorte das retribucións a nivel dos distintos bancos.
Por iso o sector de Banca e Aforro da CIG decidiu comezar un proceso de mobilizacións que dará comezo o 28 de abril na Coruña. Se soben os prezos teñen que subir os salarios!
Xa está ben de que nos bancos suban os obxectivos e a presión, as comisións directas e indirectas que paga a clientela a cambio de menos e peores servizos, e que logo suban os beneficios e os salarios e bonus dos directivos.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA