16 de outubro de 2020

Retribución variable: Quitan a cenoria, pero deixan o pau

A CIG está en contra das retribucións variables porque retribúen dun xeito incerto un traballo certo. Máis aínda tratándose de retribucións que son opacas, en parte para evitar que se coñezan as desigualdades, tamén de xénero, que consagran. Todos e todas sabemos que o bonus se reduce canto máis feminizado é un posto.

E este tipo de sistema opaco e unilateral do BBVA, permite a empresa non pagar o comprometido, sen máis explicacións e cando xa están devengadas cantidades.

Por iso defendemos unha vez máis a necesidade de actualizar o salario fixo, o do . Unha retribución certa, por un traballo certo e feito.

Témonos dirixido á Dirección da empresa para pedir explicacións e información. E estudamos os pasos a dar ante un sistema opaco, que lles permite ampliar a fenda salarial e que os postos feminizados cobren menos. E tamén as posibles medidas fronte a un recorte opaco do 46,92 %, cifra que descoñecemos como foi calculada.

Ademais, chama a atención cando hai pouco, no xuízo pola demanda interposta pola CIG contra as restricións dos servizos de caixa, o banco alegou que os cambios nas variables do persoal de caixa eran positivos, xa que «cobraría máis».

Queremos lembrar tamén que a CIG non asinou o Plan de Igualdade do BBVA, por non contemplar ningunha medida relacionada coas retribucións. As retribucións son opacas e a Dirección é culpable, pero ten cómplices.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 201016 [.pdf • 145 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA