9 de setembro de 2020

Non é a Covid, é a cobiza

Proceso de reconversión bancaria:

Cando comezou o proceso de reconversión bancaria, alá polo ano 2008, insistiuse en que o obxectivo era concentrar o sistema financeiro en 4/5 entidades privadas e niso estamos. Todo o que vimos sufrindo dende aquelas segue ese guión. Un proceso que prexudica ao persoal, á clientela e ao conxunto da sociedade. Só beneficia aos grandes grupos multinacionais propietarios de grandes paquetes de accións, á cobiza.

Estamos asistindo a un episodio que abre de novo o escenario de fusións: a venda dunha entidade participada polo Estado (60% de Bankia). Un ben público que será «vendido» sen seguir os criterios mínimos nestes procesos (transparencia, mellor oferta… etc.). E que ademais está guiado polo actual Presidente de , nomeado polo Ministerio de Economía, que só busca a súa continuidade e beneficio persoal. Lembra ás privatizacións do período de Aznar ou de Boris Yelsin, o que a esquerda española, cando estaba na oposición, chamaba «capitalismo de amiguetes».

3 de setembro de 2020

Novas medidas preventivas ante o avance da Covid

Estamos recibindo comunicación de positivos que superan con moito aos casos coñecidos nos primeiros meses da . Sen dúbida debido a realización de probas PCR. Non se trata de alarmar, pero si de lembrar a necesidade de cumprir todas as medidas preventivas e explicar o noso traballo.

En primeiro lugar dende a CIG queremos transmitir todo o noso apoio as persoas afectadas e as súas familias.

Medidas Covid19

En segundo lugar e ante as novas situacións seguimos trasladando propostas ao Departamento de Prevención co fin de evitar ao máximo os riscos de contaxio no traballo. Pensando no cadro de persoal e na clientela.